342 Books
See allDame a sensación de que se non partise dunha premisa tan extrema como da que parte non me tería gustado nadiña e teríame parecido máis ben cativeiro, pero só o feito de ter dado a luz algo tan perverso e retorcido (e que permite un xogo de espellos coa industria cárnica real) ten o seu mérito. Ademais, é unha novela na que as páxinas voan e sempre se agradece ter algo así no verán ou nas noites nas que o cerebro non dá máis de si
Sempre a favor das lecturas que se experimentan con máis sentidos ca a vista. A fala de Panza de Burro baila nos oídos ao mesmo tempo no que o xeito no que escribe Andrea deixa na pel, na boca e no nariz roces, sabores e cheiros marcados e indelebles. Rebosa vida por todas partes.
Chego moi tarde como para dicir deste libro nada que non se saiba xa, pero entendo que en só uns anos se fixera tan referencial e se cite mil e unha veces por parte doutros autores
Teño sensacións encontradas con este libro. Hai moita sensibilidade para falar de cousas moi duras (relacións abusivas, o recoñecemento da homosexualidade, maltrato, pobreza, os horrores da guerra, drogas, estrés postraumático) e hai pasaxes verdadeiramente bonitas e emocionantes no medio desa devastación. Pero, sobre todo no último capítulo, fáiseme innecesariamente densa e rococó a forma de escribir ata o punto de pasarlle factura ao relato dos feitos.
Pode que o problema sexa meu, que tendo a torcer o morro diante de prosas así de líricas, pero, con todo, gustoume bastante. Iso si, non é un libro para refuxiarse nun mal día nin para atopar alegrías